ELI en España

A pluralidade do ordenamento español

O ordenamento xurídico español é unha realidade complexa e plural, integrada por normas que corresponden a distintos niveis territoriais (estatal, autonómico e local). Porén, malia que esas normas constitúen un sistema e que se relacionan e enlazan entre elas, a nivel interno prodúcense diferenzas nos sistemas técnicos utilizados para almacenar e presentar a lexislación nas respectivas páxinas web, o que dificulta o acceso dos profesionais do dereito, das empresas e dos cidadáns en xeral, e complica que os sistemas de información lexislativa poidan interoperar entre eles.

Por iso, a implementación do ELI en España resulta especialmente aconsellable xa que, ademais dos beneficios que proporciona a escala europea, no ámbito interno se obterá unha notable mellora no acceso á información xurídica e na interoperabilidade dos sistemas de información legal das distintas administracións.

O desenvolvemento do proxecto

A pluralidade do ordenamento español fixo necesario que a implementación do identificador se realice de forma coordinada por todas as administracións, de acordo coa filosofía marcada polo Esquema nacional de interoperabilidade, o cal ten presentes as recomendacións da Unión Europea.

Por iso, a Comisión Sectorial de Administración Electrónica, que é o órgano técnico para a cooperación da Administración xeral do Estado, das administracións das comunidades autónomas e das entidades que integran a Administración local en materia de Administración electrónica, decidiu crear no ano 2017 un Grupo de traballo ELI para estudar a forma de aplicar este estándar á lexislación española.

A partir do traballo realizado por este grupo, a Comisión Sectorial de Administración Electrónica aprobou, na súa reunión do 13 de marzo de 2018, a Especificación técnica para a implementación do identificador europeo de lexislación en España (fase1). Posteriormente, o 24 de febreiro de 2022 aprobouse unha nova versión da especificación, que inclúe as adaptacións necesarias para aplicar o ELI tamén á normativa local.

A especificación ten como obxectivo establecer as directrices comúns que require a implementación do ELI no contexto español, de maneira que a identificación e a descrición das normas estatais, autonómicas e locais a realicen de maneira coordinada e coherente as distintas administracións.

Aspectos máis destacados da especificación técnica

A especificación define o ámbito normativo a que atribuír o ELI e o modelo URI para toda a lexislación nacional (estatal, autonómica e local), (piar 1), así como un conxunto de metadatos mínimos comúns (piar 2).

1. Ámbito de aplicación do ELI:

O ELI aplicarase, polo menos, á lexislación estatal e autonómica publicada a partir do 29 de decembro de 1978. No ámbito estatal tamén se aplicará a todas aquelas normas publicadas con anterioridade e que conten con versión consolidada.

As entidades locais poden definir o ámbito de normas ás cales aplicar o ELI en función das súas posibilidades.

2. Modelo URI:

Conforme a "especificación técnica" aprobada pola Comisión Sectorial de Administración Electrónica o 24 de febreiro de 2022, a estrutura do URI de toda a normativa nacional será a seguinte:

/eli/{jurisdiction}/{type}/{year}/{month}/{day}/{number}/{version}/{version_date}/{language}/{format}

Ben que o modelo URI é único, debe terse en conta a existencia de diferenzas entre a normativa estatal e autonómica dun lado e a normativa local doutro (data e táboas de autoridades específicas).

Compoñentes da URI
Campo (ELI) Descrición Formato Valores Comentarios
jurisdiction Xurisdición Lista limitada de valores alfabéticos e numéricos Táboa de vocabulario controlado ISO 3166 alfa 2:
  • ISO 3166-1 para o Estado
  • ISO 3166-2 para as CC.AA.
  • ISO 3166 alfa 2+nº inscrición no Rexistro de EELL para as normas locais
type Tipo Lista limitada de valores alfabéticos (de 1 a 4 letras) Táboa de vocabulario controlado Os tipos identificaranse mediante siglas, de lonxitude variable
year Ano Valores numéricos Formato AAAA 2001, 2002…
  • Normas estatais e autonómica: Data de sinatura
  • Normas locais: Data de publicación
month Mes Valores numéricos Formato MM 01, 02…
day Día Valores numéricos Formato DD 01, 02…
number
(natural identifier)
Numéro Valores numéricos, en ocasións alfanuméricos   Con carácter xeral, o número correspóndese co n.º oficial
version Versión Lista limitada de valores alfabéticos (3 letras) Táboa de vocabulario controlado Identifica se o recurso legal é o inicial, o consolidado ou o corrixido
version_date
(point in time)
Data de versión Valores numéricos. Formato: AAAAMMDD   Per a recursos consolidados. Indica a data de actualización que corresponde ao texto consolidado
language Idioma da disposición Lista limitada de valores alfabéticos Táboa de vocabulario controlado ISO 639-3 (código de 3 letras), cunha adaptación para o valenciano e para os textos bilingües
format Formato de publicación Lista limitada de valores html, pdf, epub, xml Os valores dos formatos débense axustar ás tipoloxías establecidas por IANA

Metadatos ELI comúns:

A implantación do modelo URI en España exixe que se normalicen os metadatos que utilizan as distintas administracións para describiren a lexislación, polo menos aqueles que conteñen a información dos compoñentes da URI.

Por iso, en España, o piar 1 abórdase conxuntamente co piar 2, co obxecto de establecer unha relación de metadatos mínimos comúns que faciliten a interoperabilidade da información lexislativa.

A especificación técnica prevé os seguintes metadatos mínimos comúns:

  • eli:jurisdiction
  • eli:type_document
  • eli:date_document
  • eli:number
  • eli:version
  • eli:version_date
  • eli:language
  • eli:format
  • eli:title
  • eli:date_publication
  • eli:publisher (eli:publisher_agent)
  • eli:is_member_of
  • eli:has_member
  • eli:is_another_publication_of
  • eli:has_another_publication
  • eli:realizes
  • eli:is_realized_by
  • eli:embodies
  • eli:is_embodied_by
  • eli:consolidates
  • eli:consolidated_by
  • eli:corrects
  • eli:corrected_by